Bonos agasallo de Bido
Ás veces o mellor agasallo é unha boa mesa.
Os bonos agasallo de Bido son un convite aos nosos menús degustación: cociña galega contemporánea, viños, tempo. Para compartir con quen queiras. Válidos durante un ano desde a compra.
Prefires entregalo en man? Achégate a Bido e daremos unha tarxeta impresa para que escribas a túa dedicatoria coa túa letra, un sobre especial e unha bolsa de Bido, para que o agasallo chegue tan coidado como a mesa que vén detrás.
Dúbidas sobre como agasallalo ou canxealo? Explicámolo nas nosas preguntas frecuentes.


