Juan Crujeiras

Máis de trinta anos de oficio e unha vocación que chegou case por casualidade. Juan Crujeiras fíxose cociñeiro á súa maneira, aprendendo só, e cando o oficio se aprende así a vocación só ten que agardar a que a escoites.

Cociña Galicia desde o produto e búscao onde estea: na costa, na horta, en calquera currunchiño de Galicia ou do mundo que lle esperte os sentidos. De aí nace unha cociña persoal que une tradición e presente, e que trata o produto con delicadeza.


Traballa cada día na súa casa, Bido, xunto a un equipo que medra ao seu carón e comparte a súa maneira de entender a cociña. Porque cociñar así é compartir: o agarimo con quen se senta á mesa, a creación co seu equipo e o aprendido cos seus alumnos.


Tras unha estrela Michelin, abriu Bido en 2016. Hoxe o restaurante ten 2 Soles Guía Repsol e está recomendado na Guía Michelin.


Cada día é unha viaxe á que estás convidado. E apenas comezou.