Banner Bido

Cociña galega contemporánea

No centro da Coruña, Bido cociña Galicia desde o produto, a tempada e o ritmo do Atlántico. Unha cociña galega contemporánea feita de mar, terra e oficio. Do que se pesca esa mañá, do que dá a horta esa semana, do que ensina a tradición e do que pide o presente. Isto é Bido.

10 anos de Bido

10 anos de Bido

Dez anos abrindo a porta cada día. Dez anos escollendo o produto en lonxa e mercado, coidando a sala, escribindo unha carta nova con cada tempada. Bido é cociña galega e tamén a forma galega de recibir: con tempo, con sitio na mesa, con ganas de que te quedes.

O teu restaurante en pleno centro da Coruña

2 Soles da Guía Repsol. Recomendado na Guía Michelin.

Bido é bidueiro, luz e altura. Un comedor tranquilo, feito de madeira, cerámica galega e materiais nobres, onde cada detalle —a vaixela, a mesa, a copa— está pensado para que comer sexa tamén descansar.

Estamos no Ensanche da Coruña, na planta baixa da Casa Barrié (1926). Galerías brancas, arquitectura ecléctica e o Atlántico a un paso. Ese é o noso sitio.

BidoBido
Imaxe do chef

JUAN CRUJEIRAS

Tras máis de trinta anos na cociña e unha estrela Michelin, Juan Crujeiras abriu Bido en 2016 para cociñar Galicia a partir do produto