Coñece Bido

Dá un paseo por Bido: o seu espazo e a súa cociña.

Espazo

Bido é bidueiro: raíz, altura e luz.

Un espazo onde comer non é só unha cuestión de sabores.

É ver: liñas sinxelas, materiais nobres, unha vaixela feita a man. Un espazo pensado con coidado, onde cada detalle ten o seu lugar.

É tocar: a cerámica galega entre os dedos, a temperatura xusta da copa.

É escoitar: conversas tranquilas, o croxido do pan, risas sen présa. O tempo vai ao teu ritmo.

É cheirar: os aromas que saen dos fogóns, o viño recén servido.

E é saborear: a terra, o mar, o produto galego levado á súa mellor versión.

Iso é Bido.